Na procura das illas do tesouro na Casa da Lectura

michel_casdado_ons0002-1Este mércores, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura, adentrarémonos nas illas Cíes e na Illa de Ons. Logo de coñecer un pouco estes hábitats, converterémonos en exploradores na busca dun tesouro. A aventura comezará ás 18:30 horas, mais unha hora antes xa se pode ir á Casa da Lectura para consultar o fondo ou para préstamo de libros.

Estas son algunhas imaxes tiradas na sesión do mércores pasado, dedicada a Eric Carle.
 
 
 
 
[embpicasa id=”5835236119037956945″]