A Portada publicado por

No Club Lecturas Debuxadas de maio imos a Senegal da man de Dúas moedas

No Club Lecturas Debuxadas de maio imos a Senegal da man de Dúas moedas

O próximo mércores, 19 de maio, reunirémonos no Club Lecturas Debuxadas para comentar Dúas moedas, de Núria Tamarit. Unha viaxe a Senegal dende os ollos de Mar, unha adolescente que descobre todos os prexuízos debidos ao seu descoñecemento da realidade senegalesa.

Será no Centro Neural de Gondomar, a partir das 20:00h. A autora participará a través de videoconferencia.

En abril, dentro da Semana do Libro e a Lectura, a lectura que comentamos foi Tonecho, de Xaquín Marín. No libro recompílanse todas as tiras publicadas na revista Golfiño do personaxe de Tonecho, un neno de cidade, e do can de palleiro. Ademais, comentamos toda a traxectoria do autor, figura histórica e indispensable da banda deseñada galega, dende os inicios con Raimundo Patiño ata a actualidade.

Na segunda parte, Xaquín Marín falou con nós sobra a súa obra e a súa visión do medio, sempre na procura dunha perspectiva galega, incluíndo a banda deseña como unha expresión artística de seu.

Club Lecturas Debuxadas 21/04/2021

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com