No Lendo Contigo falaremos de Mª Victoria Moreno, muller brava da nosa historia

Na sesión de febreiro do clun de lectura Lendo Contigo coñeceremos a vida e a obra de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano 2018​. Farémolo da man de Eli Ríos, autora do volume dedicado á escritora dentro da colección Mulleres Bravas da Nosa Historia, de Urco Editora. Eli Ríos estará con nós durante a sesión. Esperámosvos na Casa da Lectura este sábado 24 ás 12.00h da mañá!

Luisimo, como todos os meses, tamén vos espera:

O Lendo Contigo de xaneiro recibiu ao escritor Marcos López Concepción, que nos falou da novela “Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo)”, editada pola editorial Galaxia. Marcos explicounos, en catro sinxelos pasos, como escribir un libro e compartiu con nós moitas curiosidades moi interesantes e divertidas que aparecen na súa obra. Pasámolo moi ben lendo a Pituxa e conversando sobre a obra! Aquí tedes as imaxes dese día:

Lendo contigo, 2018/01/27