Nova sesión do Contomar

Este luns, a partir das 18:00 horas, continúan as sesións do Contomar na Biblioteca de Gondomar. Nesta ocasión leremos, entre outros, os contos Un agasallo diferente, O que máis doe do mundo e Os monstros grandes non choran.

Coincidindo coa semana en que se celebrou o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), no Contomar da semana pasada rendemos a nosa articular homenaxe á grande autora galega facendo unha sesión arredor do seu nome, na que Mar, Claudia e Cris recitaron poemas de Rosalía de Castro, e Nieves e Fátima leron os contos O paseo de Rosalía e Onde está o poliño de Rosalía?, cos que os 31 nenos e nenas que nos acompañaron riron e participaron con moitas ganas. Para finalizar desfrutamos da “Alborada” da autora de Padrón na voz dalgunhas compoñentes do Grupo Infantil de Percusión de Chaín. Estas son as imaxes: