Nova xuntanza do club Daquelas que Len arredor de «Como ser muller», da autora británica Caitlin Moran

O club de lectura feminista Daquelas que Len celebra unha nova sesión este mercores, día 30 de xaneiro, para comentar o libro «Como ser muller», de Caitlin Moran, publicado en galego por Rinoceronte. Neste libro a autora aborda con intelixencia, sen tabús e cun gran sentido do humor cuestións do día a día na vida das mulleres, dende o seu punto de vista como feminista e filla dunha familia numerosa e proletaria.
A sesión comezará ás oito da tarde na Casa da Lectura.

Deseguido pódense ver imaxes da última xuntanza do club, onde comentamos a obra «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo, e tivemos a posibilidade de conversar coa autora do libro.

DAQUELAS QUE LEN, 2018/11/17