O autor e ilustrador Manel Craneo participará no último Lecturas Debuxas da tempada

O martes día 16 de xuño, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, celebramos a última sesión da tempada do club de banda deseñada Lecturas Debuxadas, na que comentaremos Destino Hërgüss, do autor galego Manel Cráneo.

O propio autor estará, a partir das nove da noite, coas persoas que se animen a participar na sesión. Esta será a última sesión desta tempada e aproveitaremos, como todos os anos, para facernos recomendacións de lecturas para o verán.

Na sesión de maio, comentamos Versus, de Luis Bustos, un comic baseado no famoso conto Por un bistec de Jack London. Nel conta o combate dun vello boxeador, que xa soamente pelexa por poder alimentar a súa familia, contra un ambicioso e forte loitador en ascenso.
Destacamos na sesión o dinamismo e a variedade gráfica e de estilos do debuxo, que cambia constantemente ao longo da obra para acompañar deste modo a evolución da historia. Unha historia que nos pareceu sempre áxil, moi ben levada narrada. Falouse tamén de cómo o boxeo resulta un deporte que resulta moi literario e atrainte para moitos escritores.
Estas son as imaxes dese día.