O Comando Le segue a traballar para a VIII Noite na Biblioteca

Os rapaces e rapazas do Comando Le vanse reunir este sábado 16 de maio na Casa da Lectura para seguir preparando as actividades da VIII Noite na Biblioteca, que se celebrará na Biblioteca Municipal de Gondomar o 23-24 de maio. Será unha noite pirata moi divertida con xogos, cancións, poemas, contos, tesouros… Tamén haberá espazo para o teatro, xa que contaremos coa presenza da compañía Os Quinquilláns e o seu espectáculo Por que é salgada a auga do mar?
Na sesión do pasado 25 de abril estivemos xa traballando na organización das actividades, polo que xa está todo en marcha para a nosa noite pirata!! Aquí podedes ver algunhas imaxes desa última reunión de traballo:

Nesa mesma reunión do 24 de abril, aproveitamos tamén para que os comandoleiros e comandoleiras preparasen a sesión que foron facer ao Contomar o pasado 4 de maio: