O Contomar celebra unha sesión especial cunha obra de teatro sobre a verdadeira historia dos tres porquiños

O Contomar de Espazo Lectura, en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar, celebra unha sesión especial no Auditorio Lois Tobío o luns 12 de decembro a partir das 18.00 horas.
Trátase da representación teatral da obra A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz, a cargo da compañía Teatro del Andamio. Un espectáculo de actores e obxectos que narra a verdadeira historia dos tres porquiños…, mellor dito, dos dous porquiños e a súa irmá, unha porquiña moderna, intelixente e loitadora. Unha visión actual que defende dous principios fundamentais: a igualdade e a solidariedade.
A entrada é libre ata completar aforo.
Con este evento finalizan as sesións do Contomar deste ano, que se reanudarán o luns 9 de xaneiro de 2012.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *