O escritor Manuel Iglesias Turnes estrea a nova tempada do Sete Vidas

O martes 6 de outubro, ás 20.00h, na Biblioteca de Gondomar, terá lugar a sesión mensual do club de lectura Sete Vidas, na que se comentará a novela As rapazas de Xan (Xerais, 2012). O seu autor, Manuel Iglesias Turnes conversará na biblioteca coas persoas que queiran achegarse.

De malla a malla desenvólvese a historia de amor, protagonizada por Carmela e Manuel durante os difíciles anos da posguerra en Cabanelas. Mais, As rapazas de Xan, é tamén unha emocionante novela coral na que se describe o complexo tecido de relacións que compoñen a vida dunha aldea, marcada pola pobreza e a miseria, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida cotiá, e pola ausencia de futuro na propia terra, cando a saída máis favorable para os seus habitantes máis novos é a emigración a Montevideo.

XG00196901