O Lendo Contigo inaugura a Semana do Libro e a Lectura cunha dobre sesión de reunión do club de lectura e teatro

O sábado 21 de abril comeza en Gondomar a décimo primeira edición da Semana do Libro e a Lectura, organizada por Espazo Lectura cunha semana intensa de actividades para conmemorar o Día Internacional do Libro.

A primeira cita é cunha sesión especial do club de lectura infantil Lendo Contigo. Pola mañá, os nenos e nenas que queiran participar reuniranse, coas súas familias, no escenario do Auditorio de Nigrán co escritor Carlos Labraña, autor da obra de teatro «O valo», que recibiu o IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no ano 2016. Pola tarde, ás 19:00 h, a obra representarase no propio Auditorio Municipal de Nigrán da man de Pallasos en Rebeldía e Culturactiva SCG, polo que podemos ver como se traslada o texto ao escenario. Esta é a recomendación de Luisiño:

O domingo 22, a partir das 12:00 horas, o café Keik de Gondomar acollerá o acto central da Semana do Libro, a lectura pública de textos denominada “Dar de ler coma quen dá de beber”.

Literatura, contacontos, música, banda deseñada… encherán a axenda cultural de Gondomar ata o sábado 28 de abril.

No mes de marzo o Lendo Contigo celebrou a poesía no Museo do Mar de Galicia en Vigo, coa obra «Poemar o Mar», de Antonio García Teijeiro (Xerais), que estivo con nós na sesión. Houbo música e poesía, poemamos a área das praias de Vigo e do Val Miñor, cantamos e puxemos a proba a nosa memoria poética e incluso…rapoemamos! Moitas grazas ao Museo do Mar de Galicia por prestarnos ese espazo tan fermoso e grazas a García Teijeiro pola súa mestría.
Podedes ver aquí as imaxes dese día:

Lendo Contigo 2018/03/17

Un comentario

Os comentarios están cerrados.