O Lendo Contigo recibe a Antonio García Teijeiro para gozar da poesía

Este sábado, 29 de marzo, o club de lectura compartida Lendo Contigo contará coa presenza do poeta Antonio García Teijeiro, autor dos poemas da antoloxía que lemos este mes: Un rato díxolle á lúa (Xerais, 2013). A actividade comeza ás 12:00 horas na biblioteca de Gondomar, que se encherá de palabras, poemas e música.

Este será a segunda vez que nos visita Antonio García Teijeiro, posto que en febreiro de 2008 (hai xa seis anos!) estivo con nós para falarnos de Honorato, o rato namorado. Este é un vídeo dese día.

Na última sesión do Lendo Contigo visitounos Érica Esmorís, autora de O poder de Anabel, a lectura do mes de febreiro no club. Estas son algunhas imaxes dese día.