O luns, 16 de decembro, nova sesión do Contomar na librería Libraida

Este próximo luns, 16 de decembro, terá lugar unha nova sesión do Contomar, contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos. Será na librería Libraida de Gondomar, a partir das 18:00 horas. Leremos contos sobre o inverno.

O mes pasado lemos contos que trataban a violencia de xénero: “O libro dos porcos”, “Rosa caramelo” e “Artur e Clementina”; ademais cantamos cancións. Aquí pódese acceder á galería de imaxes dese día:

Contomar 25.11.2019