O nome de Rosalía, no Contomar

Este luns 22 de febreiro, o Contomar vai xirar arredor do nome de Rosalía, entre contos con protagonistas chamadas así, e algún que outro poema… A cita é ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

O luns pasado fixemos unha gran festa para celebrar os 10 anos do Contomar, por iso convidamos a moitos amigos e amigas, colgamos grinaldas e sopramos candeas cantado os parabéns. 35 nenos e nenas  viñeron compartir connosco o conto de “Chivos, chivóns”, que nos leron Enma e Xela, “Adiviña canto te quero!”, que nos contou Claudia, e a lectura compartida de varios contos do libro Contos coma pulgas, que fixeron Luis, Bea, Beti, Anxo, Bea, Rosana, Xiana, Mar, Cris, Anaír, Marta, Carmen, Nieves, María e Fátima. Estas son as imaxes dese día: