O Sete Vidas despide tempada cun clásico da narrativa grega

O martes 7 de xuño remata a tempada do club de lectura Sete vidas cunha historia arrepiante, “só ao alcance dos espíritos lectores máis curtidos”, como os dos seareiros e seareiras deste club. Trátase do clásico da narrativa grega A asasina, de Alexandros Papadiamandis.

Contaremos coa presenza dunha das tradutoras, Susana Losada, pero imos alterar a orde habitual da nosa sesión para facilitar que a súa volta á casa non se atrase demasiado. Así, teremos o encontro con Susana Losada ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Velaí algúns enlaces á crítica literaria:

http://bouvard.blogaliza.org/2013/05/28/historia-arrepiante/

http://armandorequeixo.blogaliza.org/2013/04/15/a-infanticida/

O 3 de maio celebramos a sesión do Sete Vidas dedicada a comentar co autor Álex Alonso o seu libro Tempos de bebidas isotónicas e fast-food. Fixemos un repaso de practicamente todos os relatos do libro, trinta en total, dos máis divertidos e dos máis acedos e duros.
Aproveitamos tamén para falar de Xénero imperfecto, do mesmo autor, novela premiada no VI Certame de Relatos de Muller Matilde Bares do concello de Bueu, e que tivemos oportunidade de ler por xentileza da directora do Centro de Interpretación da Muller do dito concello, quen nos agasallou con dez exemplares do libro.