O Sete Vidas inaugura a nova tempada o próximo xoves 7 de outubro

O Sete Vidas inaugura a nova tempada o próximo xoves 7 de outubro no Centro Neural de Gondomar.
Falaremos de Sibila, a volta á narrativa para adultos de Rosa Aneiros (Ed. Xerais). Da súa man acompañamos a Sibila no seu regreso á illa sen nome, na súa procura, na súa viaxe ás profundidades do ser.
Reunirémonos ás 20:00. Acompañaranos a autora a través de videoconferencia.