O venres 7 de xuño celébrase o último Contos en Cueiros da tempada

Este venres 7 de xuño Contos en Cueiros celebra a última xuntanza da tempada. Será unha estimulante sesión co medio acuático como protagonista.

A actividade comeza ás 18:00 horas na Casa da Lectura e precisa inscrición previa.

Nesta ocasión, ademais, despediremos aqueles nenos e nenas que xa son tan maiores que abandonan os cueiros e comezan unha nova etapa no cole de maiores. Estes nenos e as súas familias terán tamén preferencia nos criterios de inscrición, polo que, por favor, indicade a idade no correo.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2016 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición, o mércores anterior á sesión.

Deseguido pódense ver as imaxes da pasada xuntanza desta actividade, cando nos visitaron as libreiras de «Donde Viven los Cuentos» de Nigrán cunha proposta moi interesante:

CONTOS EN CUEIROS, 2019/04/26