00_Oficina de Formacion_Cabeceira

Coordinadores: Fran Alonso e Bea Pereiro
Lugar: A determinar para cada actividade
Mes: Sen periodicidade fixa

A Oficina de Formación é unha inciativa de Espazo Lectura para actuar de xeito transversal na mellora de todas as actividades da asociación, así como na formación especializada en fomento da lectura das persoas que as dirixen ou que participan na súa organización. Tamén proporciona información ás familias e asociados e asociadas sobre a importancia da lectura na sociedade actual.

A Oficina de Formación facilita información sobre fomento da lectura e as súas tendencias e actualidade, sobre a existencia de  encontros, iniciativas, etc; e ao mesmo tempo xestiona a participación en xornadas de formación dos membros de Espazo Lectura, e tamén organiza encontros e xornadas para a mellora das iniciativas e actividades, como, por exemplo, apoio técnico ás nais e pais que contan nas sesións do Contomar.  Unha das actividades permanentes que dependen da Oficina de Formación é o Club de Formación Lectora. En 2009 organizáronse as Xornadas Lendo en Familia, ás que asistiron 60 persoas inscritas, que se desenvolveron durante o vernes 16 e o sábado 17 de outubro no Centro Neural de Gondomar, cun programa no que participaron Concha Constas (presidenta de Espazo Letura), Cristina Novoa (responsable da Asesoría das Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia), Rosana Estévez (contacontos e membro da directiva de eL), Paula Carballeira (atriz e contacontos), Dolores Vilavedra (profesora da USC), María do Cebreiro (profesora da USC) e Agustín Fernández Paz (escritor).