Os comandoleir@s convértense en booktubers

Este sábado 27 de febreiro temos unha nova cita do Comando Le de 20:00h a 00:00h na Casa da Lectura. Nesta ocasión, convidamos os comandoleiros e comandoleiras a que se convertan en booktubers e preparen e graven vídeos recomendando libros escollidos por eles mesmos. O poder de Amabel, de Érica Esmorís; Ameaza na Antártida, de Ramón Caride; Mentira, de Caré Santos; e Escarlatina, a cociñeira defunta, O corazón de Xúpiter e Unha estrela no vento, de Ledicia Costas, serán algúns dos títulos que os comandoleiros e comandoleiras recomendarán nos seus vídeos.

Con esta proposta achegámonos a outro fenómeno interesante na relación entre o fomento da lectura e as novas tecnoloxías, os booktubers, e dámoslle continuidade así á liña que abriamos no mes de xaneiro co obradoiro de videopoemas impartidos por Paz Gonzalo de CreappTICa, do que deixamos aquí unhas imaxes:

Deseguido tamén se pode ver unha montaxe co resultado dese obradoiro de videopoemas que xirou arredor do libro Penúltimas tendencias, de Carlos Negro: