Os “maiores” de Contos en Cueiros visitan este luns o Contomar

O Contomar deste luns, 18 de maio, será moi especial porque recibirá a visita das coordinadoras de Contos en Cueiros e de moitos dos nenos e nenas que o próximo ano deixarán de asistir aos contacontos para bebés porque xa son mooooi maiores.

Nesta sesión, dedicada especialmente á nova fornada do Contomar, escoitaremos os contos Dedín, dedín, A casa da moscha chosca, Paxariña de papel e O coelliño branco e remataremos facendo unha foto para despedir á segunda promoción de cativos e cativas que pasaron por Contos en Cueiros.

A semana pasada viñeron colaborar co Contomar un equipo de profes do CEIP Souto-Donas: Belén, Eva, Nano e Guillerme. Trouxeron con eles contos monstruosos para contárllelos aos 42 nenos e nenas que viñeron desfrutar desa sesión tan estimulante. Ademais, celebramos o cumprecontos de Martín co álbum Oso atrapabolboretas. Estas son as imaxes: