Paula Carballeira visita o Comando Le

Este próximo sábado 20 de marzo retómanse as actividades do Comando Le coa visita da actriz e contadora Paula Carballeira e o seu espectáculo Historias de arrepío. A sesión, que conta co apoio do Concello de Gondomar, terá lugar ás 19:00h no Centro Neural, respectando as medidas hixiénico-sanitarias vixentes, e está aberta a todos os rapaces e rapazas de máis de 12 anos que participan habitualmente nesta actividade.

Volvemos así ás historias de medo, que xa foran protagonistas do obradoiro de escrita da anterior sesión do Comando Le, celebrada en decembro de 2020. Deixámosvos a continuación algunhas imaxes daquel día:

Comando Le 19.12.20