Premio Nacional á Obra dun Tradutor para Xavier Senín!

O Ministerio de Cultura vén de concederlle o Premio Nacional á Obra dun Tradutor a Xavier Senín. En Espazo Lectura tivemos o privilexio de contar con el na sesión do Lecturas Debuxadas do mes de abril e gozamos e aprendemos, a partes iguais, escoitándoo. Os nosos máis sinceros parabéns!