Primeira sesión do obradoiro de poesía


Xa botou a andar o obradoiro de lectura e creación poética “A poesía non morde, pero manca“, impartido polo poeta Carlos Negro, que organiza Espazo Lectura coa colaboración da Consellería de Cultura. A primeira sesión -coa que se corresponde a imaxe- celebrouse o xoves pasado e a ela asistiron 12 persoas. As próximas terán lugar os xoves, de 18.00 a 20.00 horas, no Centro Neural de Gondomar, ata o 10 de marzo.