Profesorado do CEIP Souto Donas van tinguir das cores do arco da vella o Contomar

O luns 2 de maio, a sesión de contacontos do Contomar correrá a cargo dun grupo de profesoras do CEIP Souto Donas, centro socio protector de Espazo Lectura, que nos lerá contos de cores, como Mago Goma, As cores de Thule, Ojo Oso, Arco da Lúa e o poema Arco da vella de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.
Na sesión da semana pasada un equipo de profes do colexio Serra de Vincios viu ata o Contomar a contarnos O peixe arcodavella, co que paseamos polo fondo mariño que trouxeron ata a biblioteca; Paxaro amarelo”, que saíu dun ovo que apareceu alí; Home de cor, contado a tres voces por unha profe e os seus fillos, e Un libro, co que os nenos interactuaron con todo o que pedía o libro. Uns 30 nenos e nenas viñeron desfrutar desta bonita sesión. Estas son as imaxes dese día.