Que che gustaría ser?


Podemos ser peixes, curuxas, crocodilos, mesmo nenos e nenas para xogar a ser…
Este mércores, na Casa da Lectura, descubriremos a partir do conto Que che gustaría ser? que, cun pouco de imaxinación, todo é posible. Para compartir con nós o que che gustaría ser se non foses neno ou nena, vide á Casa da Lectura este mércores 26 de outubro. Imos crear un imaxinario fantástico para convertelo en albúm dixital.
A sesión comezará ás 18.30 horas, e unha hora antes a Casa da Lectura xa estará aberta para consulta de fondo e préstamo bibliotecario.

Estas imaxes correspóndense coa sesión de dinamización lectora do mércores pasado.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *