Que fame!! na Casa da Lectura

Na sesión de dinamización lectora deste mércores na Casa da Lectura imos “matar a fame” a base de contos gastronómicos como Maruxa, Sopa Verde ou Señor Fiz. O repolo feliz. Despois encheremos a casa dos nosos alimentos preferidos.

A sesión é ás 18:00 horas, e media hora antes atenderase o servizo de préstamo.

Estas fotos son da sesión da semana pasada, dedicada á poesía.