UNHA ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DA LECTURA

Quen somos

Espazo Lectura é unha organización non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. Está situada en Gondomar, no Val Miñor, e organiza actividades sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción lectora, así como calquera outro tipo de iniciativas que teñan que ver coa promoción da lectura e do libro como referentes de benestar social e coa consideración do libro como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas.

Para levar a cabo os seus fins, Espazo Lectura mantén unha programación, tanto estable coma conxuntural, en relación cos cometidos que persegue, atendendo ao principio de que o libro ou a lectura sexan o elemento nuclear e de referencia. As populares sesións de contacontos coñecidas baixo o nome de Contomar son a actividade fundacional da asociación.

O traballo de Espazo Lectura oriéntase basicamente en tres liñas principais: a creación e animación de clubs de lectura, a divulgación e sensibilización, e a formación especializada en fomento da lectura.

O funcionamente interno de Espazo Lectura é abertamente democrático e baséase no consenso. A asociación consta dunha Xunta Directiva formada por 10 membros, de carácter executivo; dun Consello Operativo, formado por 19 membros, que se reúne dúas veces ao ano e avalía todas as actividades e o funcionamento interno da asociación; e da Asemblea Xeral, que é o órgano de representación de todos os socios e socias. Ademais, existen distintas comisións de traballo por áreas ou actividades.

Contacto: espazolectura@gmail.com ou 669 244 966

Xunta Directiva:

A Xunta Directiva de Espazo Lectura está formada polas seguintes persoas:

Presidenta: Yaiza Peixoto

Vicepresidenta: Marta Fernández

Tesoureira: Cristina Rocholl

Secretaria: Cristina Álvarez

Vogais: 
Diego Atanes
Iago Leirós
Rita Fernández
Senén Costas
Silvia Camesella
Víctor Pérez

Consello Operativo:

O Consello Operativo de Espazo Lectura está formado polos membros da Xunta Directiva mais as seguintes persoas:

Anaír Rodríguez
Anxo Iglesias
Beatriz Pereiro
Bieito Legaspi
Concha Costas
Félix Rodríguez
Fran Alonso
Xoán Cruz
Xosé Manuel Moo

Coordinadores de áreas ou actividades:

Coordinación da web e comunicación: Beatriz Núñez, Iago Leirós, Marta Fernández e Yaiza Peixoto
Coordinación do Contomar: Marta Fernández, Beatriz Pereiro e Mirian Rodríguez.
Coordinación da Casa da Lectura: Equipo directivo.
Coordinación do Lendo Contigo: Anaír Rodríguez, Iago Leirós, Víctor Pérez e Yaiza Peixoto.
Coordinación do Sete Vidas: Diego Atanes, Rita Fernández e Víctor Pérez.
Coordinación do club Lecturas Debuxadas: Beatriz Núñez.
Coordinación das Noites Golfas: Equipo directivo.
Coordinación de Contos en Cueiros: Senén Costas Sánchez, Silvia Camesella Gesteira, María del Carmen D’Agostino Pérez, Daniel Sánchez Limón.
Coordinación do Comando Le: Beatriz Núñez, Eva Pena, Cristina Álvarez, Ángeles Rodríguez, Raquel Expósito, Ana Fernández e Auri Fontán.
Coordinación do Dar de ler como quen dá de beber: Equipo directivo.
Coordinación de Arquivo e Biblioteca: Eli Suárez, Beatriz Pereiro e Rita Fernández.
Banda dos Cueiros: Anxo Iglesias, David Rodríguez, Félix Rodríguez, Pablo Rial, Sabela Salgueiro e Xosé Manuel Moo.669 244 966