Regresan as actividades de dinamización á Casa da Lectura

O mércores 15 de xaneiro regresan as actividades de dinamización á Casa da Lectura cunha sesión na cal lle poremos música aos afectos. A partir do libro-disco Bicos de música de Mamá Cabra, asistiremos a unha sesión conto-musical arredor das apertas, dos bicos, das amizades e das músicas. A actividade comeza ás 18:00 horas e dende as 17:30 a Casa da Lectura está aberta para préstamo e devolución de libros.

O día 18 de xaneiro tivemos unha sesión especial de despedida de ano co autor e ilustrador Ramón Trigo, que nos veu contar o seu espectacular conto sobre o vapiro Félix. Estas son as imaxes dese día.