A Portada publicado por

Retomamos o Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar

Retomamos o Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar

O Contomar de Espazo Lectura inicia a súa actividade o vindeiro luns 4 de outubro, ás seis da tarde na Biblioteca de Gondomar.
As sesións terán lugar todos os luns con entrada libre ata completar a capacidade da sala, tendo en conta as medidas hixiénico sanitarias vixentes neste momento.
Esta actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de tres anos acompañados dunha persoa adulta.
Por outra banda, anunciamos que na Casa da Lectura non se realizarán actividades nos vindeiros meses debido a unhas obras de acondicionamento, pero estamos traballando para poder ofrecer o empréstito semanal de libros noutro espazo do Concello, que anunciaremos proximamente.
Agardámosvos!

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com