Rivadulla Corcón visita o Lendo Contigo

O sábado 16 de febreiro, ás 12:00 horas na biblioteca de Gondomar, celébrase a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. O libro proposto para que os nenos e nenas lesen coas súas familias durante este mes foi O elefante dunha soa orella, do escritor coruñés Xosé H. Rivadulla Corcón.

Un elefante de peluche que só ten unha orella, porque non chegou a tea para facerlle a outra, vai contar a súa historia, marcada por este defecto pois non o puxeron á venda, agachándoo no almacén. Axúdanlle a contala os seus amigos: un peixe de goma, unha pequena flor de metal, un reloxo de pulso, un zapato dereito, un zapato esquerdo…

elefante_soa_orella