Se eu fose un gato, na Casa da Lectura

Na sesión de dinamización lectora do mércores 28 de xaneiro, o conto “Se eu fose un gato” de Paloma Sánchez Ibarzábal (OQO), será a historia que nos vai permitir ser, sentir, ver, querer, coma se fósemos gatos. A sesión comezará ás 18:00 horas na Casa da Lectura.
Na sesión do mércores pasado pasamos unha tarde de letras e palabras a partir dos libros “Do A ao Z Galicia” e “La grande fabrique de mots”. Despois “plantamos” nun testo unha semente, que era a inicial do nome de cada neno e nena, que fará agromar palabras. Para que esa planta-palabra siga crecendo e floreza hai que regala con lecturas. Estas son as imaxes dese día.