Seres mínimos, na Casa da Lectura

Hai seres tan pequeniños, tan minúsculos que poderiamos dicir que son seres mínimos. Uns pásannos desapercibidos, como “Pulguiña”, e outros case non pesan nada, como a “Señorita Pluma”. Este mércores, 28 de febreiro, na Casa da Lectura imos tentar descubrir os seus agochos e tamén se é certo que algúns poden mesmo voar.
A sesión comeza ás 18:00h e desde as 17:30 aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

O mércores pasado celebramos unha sesión de urxencia porque a contadora que nos ía acompañar ese día tivo un imprevisto e non puido acudir. Decidimos facer unha presentación de novidades e homenaxear ao Contomar, facendo unha sesión de contacontos tradicional.
Contamos tres contos: “Montros na escuridade”, de Sushi Bokks, na voz de Xoán; “O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas”, de Xerais, na voz de Beti; e “Tomás”, de Kalandraka, na voz de Eva.
Logo, Xoán fixo unha presentación da nosa páxina web para dála a coñecer mellor entre os nosos usuarios.
Grazas aos 27 nenos e nenas que nos acompañaron coas súas familias e grazas a todo o equipo que a fixo posible! Estas son as fotos dese día.

Casa da Lectura, 2018/02/21