Todo listo para a primeira sesión da tempada do club de lectura compartida Lendo Contigo

Este sábado 22 de outubro inauguramos a tempada 2011-2012 do club de lectura compartida Lendo Contigo, un club para nenos e nenas de 6 a 11 anos, e para os seus pais e nais, que ten lugar os últimos sábados de mes, ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. Para participar non é preciso nada máis que ter ganas de ler os libros que se propoñen e vir ás sesións para comentalos con nós.

Golfiño e os invasores, de Fausto Isorna, é o cómic sobre o que imos falar este sábado

Para comezar a nova tempada imos falar dun divertido cómic de aventuras protagonizado por un dos personaxes máis famosos da banda deseñada galega: Golfiño. O seu título é Golfiño e os invasores.
A humanidade aínda non o sabe, pero a invasión está en marcha! O que empeza como unha tranquila tarde no parque, convértese para Golfiño e os seus amigos nunha trepidante aventura na que deberán enfrontarse a unha raza alieníxena que chega á Terra con propósitos inconfesables… Por fin a versión íntegra, que inclúe o esperado final, en formato panorámico, cos diálogos orixinais ao completo e a cor totalmente restaurada. Acadará Golfiño fanar os maquiavélicos plans do Grande Imperio Cuá-Cuá? Nestas páxinas, o relato veraz do que aconteceu…

O autor do cómic, Fausto Isorna, estará connosco na sesión.


Non podedes perdelo! E lembra que se non tes a guía de lectura desta sesión, podes consultada picando aquí.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *