A Portada publicado por

Tonecho, de Xaquín Marín, no Lecturas Debuxadas da Semana do Libro e a Lectura.

Tonecho, de Xaquín Marín, no Lecturas Debuxadas da Semana do Libro e a Lectura.

Na semana do Libro e a Lectura 2021, o cómic proposto para o Lecturas Debuxadas será Tonecho, de Xaquín Marín, historia viva da banda deseñada galega. Tonecho é un neno cheo de retranca que ve a realidade con inxenuidade, que acaba conformando unha visión crítica da sociedade.

Será o mércores 21 de abril no Centro Neural de Gondomar, a partir das 20:00h. O autor participará a través de videoconferencia.

A lectura proposta no mes de marzo foi Divisón azul, de Fran Jaraba. No cómic mestúranse dous acontecementos da historia da II Guerra Mundial: A División Azul e o Proxecto Uranio. Unha historia complexa na que se acompaña a aventura do protagonista, que se introduce na División Azul, coa intención de facerlle chegar os planos da bomba atómica dos alemáns aos rusos. No apartado gráfico, moi achegado ás historias bélicas da época, moi detallista no debuxo e con encadramentos moi fotográficos, a narración flúe sen pausa ata chegar ao final, deixando un pouso antibelicista que o impregna todo.

Na segunda parte da sesión, incorporouse o autor, Fran Jaraba, co que falamos do proceso creativo da obra, dende a idea inicial e a documentación ata a realización final. Tamén se comentou a situación actual do gremio e como mudou o mundo editorial dende os seus comezos.

Club Lecturas Debuxadas 17/03/2021

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com