Un conto de outono para espertar os sentidos, no Contos en Cueiros de novembro

Estamos de cheo no outono e na sesión de Contos en Cueiros deste venres, 30 de novembro, aproveitaremos elementos desta estación para experimentar cos nosos sentidos. Farémolo a través da posta en escena do conto “Oso busca un lugar onde durmir”. A actividade comeza ás 18:00 horas na Casa da Lectura e precisa inscrición previa.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2016 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición, o MARTES anterior á sesión.

No mes de outubro inauguramos a tempada 2018-2019 con contos e música. Estas son as imaxes dese día.

CONTOS EN CUEIROS, 2018/10/26