Veciños, polbos e bolboretas no Contomar

Logo da celebración do Entroido, o Contomar regresa este luns, 10 de marzo, á bilbioteca de Gondomar con máis contos para os pequenos e pequenas e as súas familias. Algúns dos títulos que leremos serán A viaxe das bolboretas, Veciños ou Non quero ser un polbo.

Na sesión do 24 de febreiro, recibimos a visita agarimosa dun grupo de mestras do CEIP Serra-Vincios que nos prepararon un menú de conto. Estas son as imaxes dese día.