“Versus”, de Luis Bustos, no Lecturas Debuxadas de maio

O martes día 19 celébrase a sesión mensual do Club Lecturas Debuxadas, na que comentaremos Versus, de Luis Bustos. A cita é na Biblioteca Municipal ás 20:00 horas. Recomendamos o programa de radio Metrópoles Delirantes nº 27 onde o propio autor fala da obra. (Máis ou menos a partir do 19:28): http://www.metropolesdelirantes.com/2015/03/metropoles-delirantes-27/

O martes 21 de abril xuntámonos para comentar “Nómades”, de Xosé Tomás. Un conxunto de oito historias con dous puntos en común: a emigración e as mulleres. Nestes relatos, intencionadamente breves, e a modo de pinceladas, móstrasenos como esa dobre condición de nómades e mulleres afectan ás protagonistas: dificultades de integración, diferenzas culturais… Cunha narrativa clara e un debuxo apoiado nunha gama de cores limitada e escollida para cada historia, o autor trata un tema que non deixou de estar de actualidade, mesmo sendo esta unha banda deseñada editada no ano 2011.
 Na segunda parte da sesión, visitounos o autor, e contounos detalles do seu proceso de creación, da documentación da obra, e mesmo nos amosou os fermosos orixinais, antes de pasar polo proceso de coloreado. Estas son as imaxes do día.