Visitamos unha biblioteca americana, na Casa da Lectura

O próximo mércores, 30 de marzo, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura contaremos cun convidado especial que nos levará, da man dun coelliño, a coñecer unha biblioteca americana. Alí escoitaremos, entre outros, contos dun lobo feroz… A cita é ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de prestamo.
Na última sesión de contos na Casa da Lectura os gatos foron os protagonistas. Logo de ler Un gato na árbore, Se eu fose un gato e O gato lambón, construímos gatos tragabolas para xogar con eles. Estas son as imaxes da actividade.