Comezou o Salón do Libro de Pontevedra

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle dende o 2 de marzo unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil baixo o lema “A toda máquina!”. O evento prolongarase ata o sábado 23 de marzo.

O completo programa de actividades (con presentacións de libros, teatro, música, esposicións, obradoiros…), desenvolverase en varios espazos da cidade de Pontevedra como son o Auditorio e o salón de actos do Pazo da Cultura, o Teatro Principal, a Sala Sargadelos, o Recinto Feiral ou a Sala de Obradoiros.

cartel_salon_13