Xosé Ballesteros visita o Lendo Contigo para falarnos das «Fábulas de Esopo»

O Lendo Contigo achégase ao mundo das fábulas coas Fábulas de Esopo (Kalandraka), na versión de Xosé Ballesteros, que nos acompañará durante a sesión. Desde hai séculos estas historias protagonizadas por animais que falan percorren o mundo enteiro, e este sábado 23 de febreiro, ás 12.00h, estarán na Casa da Lectura.
Animádevos a participar e a vir disfrazados dalgún animal ou fabulista da época. Agardámosvos!
O pasado mes de xaneiro contamos coa presenza de Antonio Manuel Fraga para conversar e investigar sobre a súa obra Escaquis e Romeu (Xerais). Gustounos moito ler esta historia que nos leva a outros mundos e o autor convidounos a realizar un taller de escrita no que aprendemos moito e deseñamos un mapa do mundo á medida dos nosos desexos. Aquí estás as imaxes deste día:

Lendo Contigo 2019/01/26