Así foi o Lendo Contigo con Manuel Janeiro

Así foi o Lendo Contigo con Manuel Janeiro

O sábado pasado o Lendo Contigo recibiu a visita do escritor Manuel Janeiro que viu falarnos do seu conto A abella abesullona. Pero antes disto, grazas á guía de lectura e aos guías Anxo e Rosana, descubrimos unha chea de cousas, sobre todo arredor do mundo das abellas (como se organizan, como é a súa linguaxe), pero tamén sobre mitoloxía (quen é Venus, quen é Argos), sobre flora…
Algúns dos nenos e nenas do club plasmaron todas as pescudas nos seus cadernos de notas, como se pode ver nesta foto que amosa o caderno de Enma.

Outros fixeron debuxos coma estes, de Martina, Noa, Xela, Alma, Ana, Xiana e Dani.





Precisamente, foron Enma e Alma as escargadas de presentar o convidado desta sesión (que ben o fixeron!).


Manuel Janeiro respondeu todas as interesantes preguntas dos asistentes ao club e rematou dando un consello: unha das cousas máis importantes na vida é ser lector, porque te aseguras que nunca vas estar só.


Cando Manuel Janeiro respondeu a última pregunta, e tras realizar o sorteo do libro que leremos o mes que vén (noraboa, Claudia!), os nenos e nenas correron a xunta del para que lles dedicase o libro, nin sequera agardaron a que sentase!


Antes de marchar, todos selaron o seu pasaporte lector.

Facebook Twitter Digg Email

You must be logged in to post a comment.

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com