A Portada publicado por

O 23 de abril, Día do Libro, celébrase a novena edición do Dar de ler coma quen dá de beber

O 23 de abril, Día do Libro, celébrase a novena edición do Dar de ler coma quen dá de beber

Por noveno ano consecutivo, Espazo Lectura celebra o Dar de ler coma quen dá de beber con motivo do Día Internacional do Libro e, desta volta, faino o sábado, día 23, en sesión vermú (entre as 12:00 e as 14:00h), no café Keik de Gondomar, que nos acolle por terceira vez neste encontro anual.
Dar de ler coma quen dá de beber é unha actividade que toma o seu nome dunha frase do escritor Álvaro Cunqueiro e que se leva a cabo en torno ao Día Internacional do Libro (23 de abril). Consiste nunha lectura de textos, colectiva e en voz alta, que se realiza nalgún espazo público e na que participan arredor de 30 persoas, que len os textos elixidos por elas mesmas, co ánimo de sensibilizar a cidadanía sobre a importancia da lectura. Trátase dunha actividade itinerante, que busca levar a lectura a lugares nos cales habitualmente non está presente, apostando por abrir espazos e tempos para a lectura e por facer desta un lugar de encontro.
Con motivo desta actividade, Espazo Lectura edita anualmente un número de Lecturas da Grampa que contén os títulos e autores dos libros recomendados, así como o nome de cada persoa lectora, exemplar que se reparte de xeito gratuíto durante o acto, de forma que o intercambio de lecturas sexa o máis efectivo posible.

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura