Casa da Lectura publicado por

O mércores, actividade na Casa da Lectura

O mércores, actividade na Casa da Lectura

Este mércores, a partir das 18.30 horas, a Casa da Lectura acollerá a sesión de dinamización lectora que non puidemos celebrar a semana pasada por mor do temporal.

A actividade vai xirar arredor da lectura do conto A árbore das follas DIN A-4, editado por Kalandraka.
Segundo a propia editorial, A árbore das follas DIN A-4 é unha obra exquisita escrita por Carles Cano para nenos e nenas de 9 a 99 años, con suxestivas ilustracións de Carlos Ortín, que arroupan un texto cun gran contido poético. Trátase dunha metáfora do noso tempo, unha reflexión que reivindica o dereito a sermos diferentes e que nos envolve nun ambiente onírico. Sen dúbida este será un álbume de referencia para todos aqueles que, coma as follas deste conto, voan polas noites entre soños e historias…

Facebook Twitter Digg Email

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *